Esta semana contamos con una nueva colaboración en la sección Jóvenes escritores,
donde vosotros tomáis la palabra.
Os recuerdo que podéis participar engrandeciendo este blog con vuestros textos. Cualquier alumno del I.E.S. O Couto puede participar. Solo es necesario que el texto no contenga
faltas de ortografía ni errores graves de expresión y redacción, pero si lo
necesitas, puedes pedirme ayuda para la corrección o enviarme una
copia por correo para su revisión.
Se trata de un texto donde la tragedia de París sirve de punto de partida para hacer una reflexión sobre el valor de la vida humana.
El mismo autor, Miguel (1ºBAC.), lo explica así:
O texto trata sobre os actos
terroristas de Francia e as reaccións posteriores, así como o ocorrido
até o de agora en Siria. Decidín poñerlle por título "Demasiado lonxe".
DEMASIADO LONXE
E máis de cen persoas morreron, máis dun centenar de candeas apagadas, extintas, que endexamais volverán a escintilar. Infinito sufrimento no corazón das familias daquestas persoas que perderon o dereito a vivir, por que? Por nada.
O loito negro esténdese por todo occidente un crespón negro decora as bandeiras a meia asta de decenas de edificios, a tristura, o medo, o terror propáganse como epidemias de solidariedade polos corazóns das xentes, pero hai un efecto secundario que ninguén dubidaba en que ía aparecer, a ira.
A ira contra aqueles que comparten algunha característica, por nimia que esta sexa, coas ¿persoas? que cometeron tales actos incalificabelmente demoníacos, pero non teñen culpa: non teñen culpa de nacer nun país en guerra, non teñen culpa de ser veciños de asasinos, non teñen culpa de procurar un presente para a súa familias, porque a guerra xa lles quitou os soños de futuro, as esperanzas quedaron fusiladas no deserto do Oriente Próximo, pero iso é demasiado lonxe.
Demasiado lonxe como para que nos afecte, demasiado lonxe para que o sintamos como dor propia, demasiado lonxe...
Un na súa terra, silencio; dez, silencio; mil, silencio; cen mil, silencio; un millón, silencio; silencio na lonxanía.
Un nas fronteiras da magnífica Europa, ruído; dez, clamor, crise, emerxencia, solidariedade?; mil unhas semanas despois, silencio; cen mil, silencio; o silencio apodérase do baldeiro.
Un europeo dentro de Europa, un occidental en occidente, "Estamos en guerra".
Porque as persoas non valen por persoas, valen por cidadáns dun país determinado. O horror, o sufrimento, a morte, a desesperanza dunha persoa non vale nada; pero a doutra o vale todo.
O loito, o pesar por todo occidente compartido é insignificante co do que durante meses, anos, vidas levan outras persoas padecendo nun país descontrolado, deshumanizado, desesperanzado.
Unha nación dividida, separada. Unha parte ten armas mortais, pero quen llas vende? Outra ten cartos da venta de petróleo, pero quen llo merca? Outra non ten nada, nin soños nin esperanzas, pero quen os ignora?
Nós, a resposta somos nós, a sociedade occidental modernísima, suprema, superior moralmente pero para a que a vida dunha persoa vale o que unha mísera arma que fai ruído polos berros dos falecidos, o que un vaso de petróleo que é negro polas vidas decapitadas para conseguilo, que vale o que a nada máis absoluta vale.
Pero nada disto contou, nada disto importou, porque era demasiado lonxe, é na distancia todo é relativo; e na distancia a vida humana non vale nada.
¿Te ha gustado el texto de Miguel? Déjale un comentario o tu opinión.
Comentarios
Publicar un comentario
Tus consultas y comentarios son bienvenidos.